A IMPORTANCIA DE ACOMPAÑAR EMOCIONALMENTE ESTES DÍAS DE CUARENTENA




Como xa vos informamos na anterior publicación, é moi importante organizar o tempo coas nenas e nenos en casa estas semanas que imos pasar sen sair debido ó Estado de Alarma no que nos atopamos.

Pero non podemos esquecer que para elas e eles é unha situación nova, ó igual que para nós, e que perciben todo o que está pasando e tamén os nosos sentimentos e estado emocional.

Este estado emocional vai a ter unha influencia n@s pequen@s, ainda que non o manifesten, polo que é moi importante falar con elas e eles de como se sinten, co fin de que coñezan a situación na que nos atopamos.

Por todo isto pareceunos interesante deixarvos este vídeo da psiquiatra Anabel González, na que fala deste tema.

Agardamos que vos sirva de axuda.




Comentarios

Entradas populares de este blog

CHEGAMOS AO FINAL!

FOTIÑOS MANDALAS