Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2012

A FESTA DA PRIMAVERA

Imagen
Aproveitando o bo tempo, o luns festexamos a FESTA DA PRIMAVERA. Pero como toda festa, primeiro estivmos atarexados cos preparativos: plantamos a flores que trouxeron as familias e preparamos uns abanicos para a festa. Unha vez estaba todo listo... a disfrutar! Saímos todos ao patio a merendar, aínda que non nos puidemos sentar na herba, pois estaba algo mollada. E despois a xogar e divertirnos cos abanicos e cos xogos do patio. Apetécevos ver algunhas fotos? Pois pinchade na seguinte imaxe e poderes ver algunhas das fotos das nosas plantas, da merenda e dos xogos. Unha vez máis queremos agradecer ás familias a súa colaboración e participación. Moitas grazas!

REUNIÓN DAS FAMILIAS DE 4 ANOS

Imagen

A AULA DOS COLORES NO FARO DE VIGO

Imagen
Baixo o titular: " El Alondras llega a las aulas ", o venres saiu a noticia  no Faro de Vigo que na Clase dos Colores están a traballar un pequeno proxecto sobre o fútbol, neste caso, sobre o equipo do noso pobo: o Alondras. Se queredes ver a noticia completa, picade no seguinte enlace: http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2012/05/25/alondras-llega-aulas/651524.html

NOVIDADES NO PATIO

Imagen
Días atrás preguntamos: Que están a facer as profes? Pois estabamos a preparar unha sorpresa para o patio : Atopades a novidade? SI! Son esas fermosas mesas de picnic que agora estan no noso patio, para poder disfrutar aínda máis se cabe de moitas actividades ao aire libre. Estas mesas nos servirán para xogar, pintar, merendar... e todo o que se lle ocorra aos nosos nen@s. A continuación poderes ver un pequeno collage que reflexa canto disfrutan @os cativ@s desta "gran adquisición".

CHARLA SOBRE O POBO SAHARAUI

Imagen
O venres asistimos no ximnasio a unha charla sobre o Pobo Saharaui . Nos contaron moitas cousas sobre a súa forma de vida: Viven en jaimas (algo parecido a unha tenda de campaña) ou en casas de adobe (unhna especie de ladrillos que fan eles con barro). Teñen moi pouca comida e auga. A pesares de que o chan está cheo de pedras (non hai asfalto, nin herba), @s nen@s andan descalzos e non se mancan. Como non teñen pelotas para xogar, fan unha bola con un trozo de tea para poder xogar ao fútbol, pero so poden xogar os nenos, pois os nenos e as nenas non xogan xuntos como aquí.  Tamén nos amosaron a súa roupa, que tamén é moi distinta da nosa e, coa axuda da profe Ana Mª, nos ensinaron como se visten as mulleres saharauis. Aprendimos que no mesmo planeta Terra, hai moitos sitios distintos, con xente distinta, que vive de xeitos distintos, e que tamén necesitan axuda. A continuación podedes ver algunhas fotos do momento da charla:

REUNIÓN DAS FAMILIAS DE 3 ANOS

Imagen

QUE ESTÁN A FACER AS PROFES?

Imagen
Se creedes saber o que estamos a facer as profes, deixade un comentario coa vosa idea! Próximamente... a resposta!

LIEBSTER BLOG, "GRACIAS PINGA A PINGA"

Imagen
Moooitisiiimas grazas "pinga a pinga"  http://pingaapinga.blogspot.com.es/  e Bea por este agasallo. Grazas por facer partícipe ao Blogui desta cadea de premios. http://pingaapinga.blogspot.com.es/ Liebster Blog significa en alemán "blog favorito" e unha vez recibido o premio debemos continuar esta cadea: debemos elixir os nosos 5 blogs favoritos e enviarlles o premi o, por que se alguén te quere ben e te valora tes que seguir a cadea . As instrucións que debemos seguir son as seguintes: Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho outorgou. Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de 200 seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio. Confiar en que continúen a cadea premiando a súa vez os seus cinco blogs preferido. E os nosos escollidos son os seguintes: " E COLORÍN COLORADO " . blog da mestra Nuria, compañeira de infantil; blog no q

XORNADA DE SACHO

Imagen
O pasado martes 15 de maio celebramos a I Xornada de Sacho. Solicitamos axuda ás familias para preparar o noso xardín de cara á Festa da Primavera, onde un dos preparativos é plantar as flores no xardin. Pero antes de poder plantar, é necesario preparar a terra, e para isto pedimos a colaboración, unha vez máis, das familias do cole. Todas as profes de Infantil sentímonos moi agradecidas pola participación nesa xornada, pois a pesares do sol e da hora, que non era moi axeitada para o traballo "do campo", acudiron moitas "sachadoras" e algún "sachador". Co voso permiso, os mostramos algunhas fotiños da Xornada, na que tamén participaron @s nen@s. Moitas grazas unha vez máis!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS Como todos os anos, o 17 de maio, festéxase o Día Das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Valentín Paz Andrade, avogado, xornalista, poeta, home de empresa e vinculado á política. A personalidad emultifacética de Valentín Paz Andrade estivo marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia. Podedes acceder a máis información sobre este autor premendo na súa imaxe. Este ano, en educación infantil, tamén decidimos facer como él, e traballar por e para Galicia, así que adicamos un tempo especial na xornada de onte para plasmar a riqueza do noso idioma, escribindo nunhas nubes de cores, palabras en galego. Cada un d@s nen@s elixiu a súa palabra favorita, escribiuna e algúns tamén fixeron un debuxo. Despois, todas estas nubes de verbas, pasaron a adornar os nosos pasillos de educación infantil. A continuación podedes ver o resultado: No blogue da Biblioteca do Cole hai varias propostas para o día de hoxe, que podedes ver no

FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA

Imagen
Do 14 ao 20 de maio estase a festexar o 13 FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA. E unha boa ocasión para pasar un día de familia xuntos no que disfruten os máis cativos cos títeres e os teatros. Se queredes ver o programa das diversas actividades que se ofertan, tanto na rúa como no multiusos da Xunqueira, premede na imaxen superior. Esperamos que o pasedes moi ben!

UN PATIO MOI SOLEADO

Imagen
Hoxe fixo un día moi bo e iso refléxase no ben que o pasamos no patio. Xa tiñamos gañas de poder disfrutar dun patio seco e soleado. Esta é unha ventá MOI INDISCRETA  aos seus xogos. Facémola dende un grande respeto cara @s nos@s pequen@s da escola e sobre todo con moito cariño. Son imaxes cheíñas de tenrura, só hai que fixarse nas súas caras que expresan distintas emocións, sensacións,... Podedes observar os dintintos xogos cos que @s máis cativ@s da escola disfrutan no seu tempo de lecer na escola (o patio). Xogos simbólicos, búsqueda de "bichos bola", lecturas á sombra e ben cómodos, facendo rifas (zapatito blanco, zapatito...), conversando,... Agardamos que disfrutedes desta imaxes nas que tentamos que saian o maior número de nen@s pero hai algúns/algunhas que escapan das cámaras...