Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

FOTIÑOS CIRCUITOS, MOVEMOS O NOSO CORPO

Imagen
Deixamos por aquí, de novo, o vídeo cos circuitos de psicomotricidade que nos foron chegando. Vaia deportistas estades feit@s!! Con este bo tem po apetece moverse e xa vimos que algúns estades a gozar da praia, xardín e piscina. 😎

RETO Nº10

Imagen
Hoxe, luns 25 de maio, subimos o reto nº 10!!! Cal será o reto que se agocha no vídeo? Pinchade nel para descubrilo e... A mover o corpo! 😄 Recordade, se vos apetece, enviade as vosas fotos e vídeos ó correo do blog: oblogidarbo@gmail.com

FOTIÑOS EXPERIMENTOS

Imagen
Por aquí vos deixamos,de novo, o vídeo coas fotiños e vídeos dos vosos experimentos. Vaia científic@s estades feit@s! 👏

INTERPRETANDO PORTADAS

Deixámosvos por aquí o vídeo no que participamos todo o cole interpretando as portadas dos nosos libros favoritos pola conmemoración do Día das Letras Galegas. Agardamos que vos guste 😊 Vídeo Letras Galegas

RETO Nº9

Imagen
Por aquí andamos un luns máis, para subir o reto nº 9. Que propoñeremos esta semana? Para descubrilo clicade no vídeo 👇 Agardamos as vosas fotiños e vídeos no correo: oblogidarbo@gmail.com

FOTIÑOS COCIÑAMOS XUNT@S

Imagen
Unha vez máis, pasamos por aquí para subir o vídeo coas vosas receitas. Vaia cociñeir@s que estades feit@s!  Todo ten  unha pinta deliciosa 😋

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
Esta semana celebramos, o 17 de maio, o Día das Letras Galegas, e por iso, por aquí vos deixamos varias propostas: Un xogo interactivo XOGO RICARDO CARVALHO CALERO Para entrar debedes clicar no enlace e dentro do mesmo no megáfono laranxa que aparece. Caracteriza o teu libro Dende o cole queremos propoñer unha actividade para todas e todos.  A proposta sería amosar a portada dun libro en galego que nos guste moito, para que cada un de nós nos caractericemos ou reinterpretemos esa portada (soiñ@s ou acompañad@s pola nosa familia). Podería ser disfrazándose (maquillaxe, vestimenta, fondo...) ou recreando plásticamente a portada (cun debuxo, collage, xoguetes, plastilina...) Deixade voar a vosa imaxinación! Unha vez recreada a vosa portada, sacádelle unha foto e enviádea ó correo da vosa aula. Aula dos gatos:  aclasedosgatos@gmail.com Aula dos canguros:  oscangurins@gmail.com Aula dos unisaurios:  unisaurios@gmail.com    Aula de Colegas no bosque

RETO Nº8

Imagen
Bo día peques!  👩‍🍳 👨‍🍳 Como cada luns imos a propoñervos un novo reto semanal. Seguro que moit@s de vós xa sabedes quen se agocha no vídeo, así que agora, tócavos averiguar cal será a súa proposta. Agardamos que vos guste e que, se vos apetece, mandedes os vosos vídeos e fotiños ó correo do blog: oblogidarbo@gmail.com Pasade unha boa semana 😊

FOTIÑOS ARTE CON LIÑAS E PUNTOS

Imagen
Subimos de novo o vídeo coas obras de arte que nos foron chegando. Unhas composicións dignas de museo!  😊 Agardamos que vos guste

ADIVIÑA ADIVIÑANZA Nº3

Imagen
Estades feit@s uns expert@s en resolver adiviñas! Como ben dixestes, a solución é:  O LIBRO 

RETO Nº7

Imagen
Por aquí estamos, outro luns máis, para presentarvos o reto semanal número 7! Pinchade no vídeo se queredes saber de que se trata  👇 Agardamos que vos guste e que enviedes as fotiños e vídeos coas vosas obras de arte ó correo do blog: oblogidarbo@gmail.com Unha aperta enoooormeeee 😍