Con este blog queremos establecer unha canle de comunicación con vós, as familias, que nos permita presentarvos diversas propostas que poidades levar a cabo coas vosas fillas e fillos se así o considerades. Empregaremos a páxina principal para ir engadindo os retos semanais e aquelas propostas que nos parezan máis interesantes, co fin de que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas e adaptándoas ós ritmos e intereses de cada nena ou neno. A parte da columna da esquerda dedicarémola a enlaces de interese e recursos online que poden ser de utilidade para estes días, ademais de ir engadindo os blogs das distintas especialidades. Queremos recordar que o mais importante estes días é acompañar emocionalmente ós nenos e nenas, estar ó seu carón e deixalos xogar libremente, sen ter a preocupación de que "queden atrás" no colexio, pois todos estamos na mesma situación. Non pretendemos, polo tanto, que o alumnado faga ...
Bo día Roquiñ@s e familias! No mes de marzo comezamos a andaina co noso blog. Quen nos ía a dicir que a despedida, aquel 12 de marzo, duraría tanto tempo? Despois de 12 retos chegamos ó final deste curso, un final un tanto raro e especial. Xa que non podemos estar xuntiñ@s e darnos eses achuchóns que tanto desexamos, @s mestr@s quisemos acabar cun reto moi especial. Agradamos que desfrutedes con esta última proposta. Pasade un moi bo verán 🌞 🧡
Poñemos por aquí a solución ó xogo: 1. A vaca que puxo un ovo 2. Titiritesa 3. Cocorico 4. Chivos chivóns 5. Rosa caramelo 6. O coelliño branco 7. Con Tango son tres 8. Os tres porquiños 9 Corre corre cabaciña 10. Chocolata 11. Orellas de bolboreta 12. A máscara do león 13. A que sabe a lúa? 14. De que cor é un bico? 15. Até as princesas soltan peidos 16. Las jirafas no pueden bailar 17. A horta de Simón 18. A mellor sopa do mundo
Comentarios
Publicar un comentario