viernes, 13 de febrero de 2015

Festa Entroido 2015

Aínda con chuvia a comparsa dos Cabaliños de Mar saiu a desfilar, cantar e bailar. 
Para as familias que non pudieron acompañarnos deixámosvos  algunhas fotiños da nosa actuación.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free slideshow design

ENTROIDO: COMPARSA "CABALIÑOS DE MAR"

A comparsa d@s nen@s de educación infantil,"Cabaliños de mar", vai a ir acompañada desta divertida canción:

 

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Musical Os tres proquiños

Dende a dirección do Auditorio Municipal de Cangas chéganos esta proposta musical para disfrutar este fin de semana. Sábado 27 ás 18.00h..

miércoles, 10 de diciembre de 2014

CANCIÓN "CAMPÁS POLA PAZ"

Aquí vos deixamos o video da canción que imos interpretar no Festival de Inverno da escola.
Agora a practicala en familia!!!

jueves, 6 de marzo de 2014

ENTROIDO. COMPARSA "ÍMOSTE CURAR"

Estes días foron uns días moi tolos na nosa escola. Os/as nenos/as viñan á escola en pixama, con gorros, disfrazados,... 
Que lles pasa?
 Pois que é tempo de Entroido.
Pasámolo moi ben na festa que fixemos o xoves, cadaquén co disfraz que trouxo da súa casa, e despois unha grande merendola cos postres que fixeron os/as nenos/as coas súas familias. 
Ricos, ricos,...!!!
Houbo discoteca e todo...

Se queredes ver o ben que o pasamos mirade a presentación na que tamén se inclúen as fotos e videos do desfile das enfermeiras e enfermeiros.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow generated with Smilebox

Este Entroido foi posible grazas a colaboración das familias nos talleres de disfraces dos martes e aos fantásticos postres que trouxeron para a merendola. 

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN

jueves, 30 de enero de 2014

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Hoxe, 30 de Xaneiro, celebramos na escola O Día da Paz cun acto simbólico no que cantamos a canción de Imagine de John Lennon. Durante a canción mostramos os murais elaborados nas aulas e ao finalizar soltamos pombas brancas para que leven os nosos desexos de paz por todo o mundo
Deixámosvos, para que a disfrutedes en familia, esta presentación de fotos e videos desta xornada. 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free photo slideshow

domingo, 12 de enero de 2014

FESTIVAL DE INVERNO

Antes de marchar de vacacións sempre celebrámolo festival de inverno na nosa escola. Este ano preparamos unha canción do Xabarín Club "Volver a casa por Nadal". Para tal ocasión preparamos o noso vestiario das estacións do ano:

-Primavera: ás de cores.
-Verán: flotadores, toallas, manguitos,...
-Outono: outono en Nova Iork coas estatuas da liberdade.
-Inverno: o Nadal

 

Nesta presentación poderedes ver o ben que o pasamos tod@s xunt@s.

Bo Nadal!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free slideshow design

miércoles, 4 de diciembre de 2013

A HORTA DO COELLIÑO BRANCO

Para as novas familias, contarvos que no patio de Educación Infantil temos unha pequena horta: a horta do coelliño branco.
Cada ano plantamos nela diversas legumbres, hortalizas... dependendo da época do ano en que o fagamos.
Este ano queremos sacarlle aínda máis partido a esta marabillosa horta ecolóxica, e xa comenzamos co proceso plantando uns exquisitos repolos:
Pero estos repolos están tan exquisitos que todos os bichos que temos no patio os queren papar, así que tivemos que pensar un remedio ecolóxico para que estes repoliños poidan medrar sans e fortes.
Cail foi este remedio natural? Grazas a profe Pilar descubrimos o purín de estrugas, e nos explicou cómo poder facelo para coidar dos nosos repoliños:

martes, 3 de diciembre de 2013

SENTINDO A NATUREZA

O noso patio do recreo, coa horta do Coelliño Branco, o xardín, o estanque e a compostadora, ofrécenos un marabilloso contexto para transmitir aos nos@s nen@s a paixón pola natureza.
Cada recuncho, se sabes mirar, agocha fascinantes sorpresas que nos enchen de satisfacción personal. A maioría das veces son pequenos detalles: un caracol deixando un rastro brillante ao seu paso, un grilo, extraños vermes, un tenro brote, unha nova flor, unha planta que medra tras unha longa espera, unha tea de araña nun recuncho, unha zarzamora sen espiñas, cogomelos ao pé da árbora seca...
Aínda que son moitos os obxectivos e contidos que traballamos: iniciación nas habilidades motrices, achegarse ao mundo dos números, estimular a creatividade e a través da linguaxe artística..., a nosa maior ilusión é transmitir aos peqienos o goce pola natureza, o pracer de coidar a horta, o xardín, fabricar o propio compst, plantar, sementar, meter as mans na terra, ulir, SENTIR...
Ás veces son actividades programadas e dirixidas nas que cada titore acode cos seus peques a realizar unha actividade e a maioría das veces aproveitamos os tempos de lecer no patio para sachar, regar, facer pequenas podas, transplantar... como algo cotía ao que achegarse a botar unha man cando o interese e o ritmo d@s nen@s o marque.

lunes, 2 de diciembre de 2013

CELEBRANDO O MAGOSTO

O pasado mes de novembro celebramos o tradicional MAGOSTO. Antes preparamos nas clases uns bolsiños para que a castañeira nos botara as castañas e poder comelas máis cómodamente (para ter as dúas mans para poder pelalas).
Despois de comer as riquísimas castañas asadas, disfrutamos duns xogos tradicionais, aínda que algo adaptados á ocasión:
  • A mariquitiña, pero en vez de tirar un pau ou unha pedra, tiramos unha castaña.
  • Os zancos.
  • O xogo da , pero tiramos castañas en vez de pelotas, e para que fora máis sinxelo encestábamos nunha caixa.
  • Vaso-castaña: xogamos a encestar nun vaso unha castaña que estaba enganchada por unha corda.
  • Circuito-castaña: pero en vez de seguir o circuito coas chapas o facíamos con castañas.
  • Baile-castaña: tiñamos que bailar ao ritmo da música cunha castaña na testa sen que se nos caera.
Como podedes ver, a diversión estivo asegurada, e se queredes ver algunhas fotos da festa podedes premer na seguinte presentación:
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free picture slideshow

Desde o Equipo de Educación Infantil queremos agradecer a colaboración das familias na preparación do noso Magosto,