Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

FOTIÑOS CREACIÓNS CON TAPÓNS

Imagen
Como cada domingo, aquí vai o novo vídeo con todas as fotiños que foron chegando. Vaia ideas máis chulas!  👏

RETO Nº6

Imagen
Bo día peques! Aquí vos deixamos, outro luns máis, o novo reto semanal 😊 Agardamos que vos guste! Recordade, se vos apetece, enviar as fotiños e vídeos ó correo oblogidarbo@gmail.com

FOTIÑOS SOMBRAS

Imagen
Unha vez máis subimos o vídeo coas fotiños e vídeos dos xogos e teatros de sombras que nos chegaron ó correo. Vaia cousas máis chulas fixestes!

XOGADES CON NÓS?

Imagen
Poñemos por aquí a solución ó xogo: 1. A vaca que puxo un ovo 2. Titiritesa 3. Cocorico 4. Chivos chivóns 5. Rosa caramelo  6. O coelliño branco 7. Con Tango son tres 8. Os tres porquiños 9 Corre corre cabaciña 10. Chocolata 11. Orellas de bolboreta 12. A máscara do león 13. A que sabe a lúa? 14. De que cor é un bico? 15. Até as princesas soltan peidos 16. Las jirafas no pueden bailar 17. A horta de Simón 18. A mellor sopa do mundo

RETO Nº5

Imagen
Comeza unha nova semana, e con ela, un novo reto por descubrir!  Agardamos que vos guste e que nos enviedes as vosas fotiños ou vídeos ó correo do blog, oblogidarbo@gmail.com Unha aperta moi moi grande e... A por esta semana! 😋                                                                     

FOTIÑOS CABAÑAS

Imagen
Volvemos a subir o vídeo coas fotiños das cabañas que fixestes nas vosas casas. Son unhas cabañas súper chulas, un lugar marabilloso para esconderse, xogar, pasar o tempo e vivir mil aventuras! 😄

ADIVIÑA ADIVIÑANZA Nº2

Imagen
A solución, como moitos de vós dixéchedes, é o ovo.

RETO Nº4

Imagen
Ola ola pequerrech@s! Hoxe é luns, e como sabedes, tócanos presentarvos un novo reto semanal. Que nos tocará facer esta semana?  Aquí tedes o vídeo para descubrilo 👇 Agardamos que vos guste e que enviedes as vosas fotiños ó correo: oblogidarbo@gmail.com Unha aperta e moito ánimo! 💛

FOTIÑOS CREACIÓNS CON XORNAIS E REVISTAS

Imagen
De novo, deixamos por aquí o vídeo coas fotiños que nos foron chegando. Vaia cousas máis chulas estades a facer!  Canta imaxinación e creatividade 👏 Iremos engadindo as novas fotos que vaiades mandando. Grazas! 😊

ADIVIÑA ADIVIÑANZA...

Imagen
Despois dunha semana imos poñer a solución. Houbo nen@s que o adiviñaron, pois é algo que se parece moito ó gato: A GATA 😺

RETO Nº3

Imagen
Bo día! Hoxe é luns, e como xa sabedes, aquí vai un novo reto. Recordade que, se vos apetece, podedes enviar as fotiños das vosas creacións ó correo electrónico:  oblogidarbo@gmail.com Agardamos que vos guste. Unha aperta grande e moita saúde para tod@s!

FOTIÑOS CAIXA DOS TESOUROS

Imagen
De novo, deixamos por aquí o vídeo cos cofres e caixas de tesouros que nos ides enviando. Estades a facer moi bo traballo! Iremos engadindo os que nos vaian chegando. Recordade! cando volvamos ao cole, descubriremos xuntos todo o que vaiades gardando. Unha aperta grande 😍

2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Imagen
O feito de que tod@s sexamos DIFERENTES, fainos EXTRAORDINARIAMENTE humanos.