Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

RETO Nº2

Imagen
Bo día! Outro luns máis, aquí vos deixamos un novo reto semanal. Pinchade no vídeo para saber de que se trata 😊 Recordade que, se vos apatece, podedes enviar as vosas creacións ó correo electrónico oblogidarbo@gmail.com Agardamos que vos guste. Unha aperta!

FOTIÑOS MANDALAS

Imagen
Aquí vos deixamos de novo o vídeo con todos os mandalas que fostes mandando. Se enviades algún máis o iremos engadindo :) Moi bo traballo peques, sodes uns verdadeir@s artistas!

RETO Nº1

Imagen
Bo día! Aquí vai o primeiro reto, pinchade no vídeo para saber de que se trata. Agardamos que vos guste e  animámosvos  a que participedes e a que mandedes as vosas fotiños para poder ver as vosas creacións ó seguinte correo electrónico:  oblogidarbo@gmail.com Unha aperta!

ORGANIZACIÓN DO BLOG

Con este blog queremos establecer unha canle de comunicación con vós, as familias, que nos permita presentarvos diversas propostas que poidades levar a cabo coas vosas fillas e fillos se así o considerades. Empregaremos a páxina principal para ir engadindo os retos semanais e aquelas propostas que nos parezan máis interesantes, co fin de que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas e adaptándoas ós ritmos e intereses de cada nena ou neno. A parte da columna da esquerda dedicarémola a enlaces de interese e recursos online que poden ser de utilidade para estes días, ademais de ir engadindo os blogs das distintas especialidades. Queremos recordar que o mais importante estes días é acompañar emocionalmente ós nenos e nenas, estar ó seu carón e deixalos xogar libremente, sen ter a preocupación de que "queden atrás"  no colexio, pois todos estamos na mesma situación.  Non pretendemos, polo tanto, que o alumnado faga

UN CONTO POR DÍA

A editorial Kalandraka, para facernos máis amenos estes días, nos agasalla, coa súa iniciativa “Contos contados”, cun conto cada día. Agardamos que desfrutedes con estes marabillosos contadores de contos! Deixámosvos por aquí abaixo o enlace Contos contados

A IMPORTANCIA DE ACOMPAÑAR EMOCIONALMENTE ESTES DÍAS DE CUARENTENA

Como xa vos informamos na anterior publicación, é moi importante organizar o tempo coas nenas e nenos en casa estas semanas que imos pasar sen sair debido ó Estado de Alarma no que nos atopamos. Pero non podemos esquecer que para elas e eles é unha situación nova, ó igual que para nós, e que perciben todo o que está pasando e tamén os nosos sentimentos e estado emocional. Este estado emocional vai a ter unha influencia n@s pequen@s, ainda que non o manifesten, polo que é moi importante falar con elas e eles de como se sinten, co fin de que coñezan a situación na que nos atopamos. Por todo isto pareceunos interesante deixarvos este vídeo da psiquiatra Anabel González, na que fala deste tema. Agardamos que vos sirva de axuda.

RECOMENDACIÓNS PARA ESTES DÍAS SEN CLASE

Imagen