ORGANIZACIÓN DO BLOG



Con este blog queremos establecer unha canle de comunicación con vós, as familias, que nos permita presentarvos diversas propostas que poidades levar a cabo coas vosas fillas e fillos se así o considerades.

Empregaremos a páxina principal para ir engadindo os retos semanais e aquelas propostas que nos parezan máis interesantes, co fin de que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas e adaptándoas ós ritmos e intereses de cada nena ou neno.

A parte da columna da esquerda dedicarémola a enlaces de interese e recursos online que poden ser de utilidade para estes días, ademais de ir engadindo os blogs das distintas especialidades.

Queremos recordar que o mais importante estes días é acompañar emocionalmente ós nenos e nenas, estar ó seu carón e deixalos xogar libremente, sen ter a preocupación de que "queden atrás" no colexio, pois todos estamos na mesma situación. 

Non pretendemos, polo tanto, que o alumnado faga xornadas de cinco horas diarias, pois consideramos que ningunha das propostas que fagamos podería substituír as aprendizaxes que se dan na escola.

En relación a isto, vos deixamos o enlace a un artigo de dúas mestras de Educación Infantil, Ángeles e Isabel Abelleira, que nos parece moi interesante e que fai referencia a isto que acabamos de dicir.


Comentarios

Entradas populares de este blog

CHEGAMOS AO FINAL!

FOTIÑOS MANDALAS