CHEGAMOS AO FINAL!
Bo día Roquiñ@s e familias! No mes de marzo comezamos a andaina co noso blog. Quen nos ía a dicir que a despedida, aquel 12 de marzo, duraría tanto tempo? Despois de 12 retos chegamos ó final deste curso, un final un tanto raro e especial. Xa que non podemos estar xuntiñ@s e darnos eses achuchóns que tanto desexamos, @s mestr@s quisemos acabar cun reto moi especial. Agradamos que desfrutedes con esta última proposta. Pasade un moi bo verán 🌞 🧡