CHARLA SOBRE O POBO SAHARAUI

O venres asistimos no ximnasio a unha charla sobre o Pobo Saharaui. Nos contaron moitas cousas sobre a súa forma de vida: Viven en jaimas (algo parecido a unha tenda de campaña) ou en casas de adobe (unhna especie de ladrillos que fan eles con barro). Teñen moi pouca comida e auga. A pesares de que o chan está cheo de pedras (non hai asfalto, nin herba), @s nen@s andan descalzos e non se mancan. Como non teñen pelotas para xogar, fan unha bola con un trozo de tea para poder xogar ao fútbol, pero so poden xogar os nenos, pois os nenos e as nenas non xogan xuntos como aquí. 
Tamén nos amosaron a súa roupa, que tamén é moi distinta da nosa e, coa axuda da profe Ana Mª, nos ensinaron como se visten as mulleres saharauis.
Aprendimos que no mesmo planeta Terra, hai moitos sitios distintos, con xente distinta, que vive de xeitos distintos, e que tamén necesitan axuda.
A continuación podedes ver algunhas fotos do momento da charla:
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox

Comentarios

Entradas populares de este blog

CHEGAMOS AO FINAL!

FOTIÑOS MANDALAS