Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como varios

CHARLA SOBRE O POBO SAHARAUI

Imagen
O venres asistimos no ximnasio a unha charla sobre o Pobo Saharaui . Nos contaron moitas cousas sobre a súa forma de vida: Viven en jaimas (algo parecido a unha tenda de campaña) ou en casas de adobe (unhna especie de ladrillos que fan eles con barro). Teñen moi pouca comida e auga. A pesares de que o chan está cheo de pedras (non hai asfalto, nin herba), @s nen@s andan descalzos e non se mancan. Como non teñen pelotas para xogar, fan unha bola con un trozo de tea para poder xogar ao fútbol, pero so poden xogar os nenos, pois os nenos e as nenas non xogan xuntos como aquí.  Tamén nos amosaron a súa roupa, que tamén é moi distinta da nosa e, coa axuda da profe Ana Mª, nos ensinaron como se visten as mulleres saharauis. Aprendimos que no mesmo planeta Terra, hai moitos sitios distintos, con xente distinta, que vive de xeitos distintos, e que tamén necesitan axuda. A continuación podedes ver algunhas fotos do momento da charla:

LIEBSTER BLOG, "GRACIAS PINGA A PINGA"

Imagen
Moooitisiiimas grazas "pinga a pinga"  http://pingaapinga.blogspot.com.es/  e Bea por este agasallo. Grazas por facer partícipe ao Blogui desta cadea de premios. http://pingaapinga.blogspot.com.es/ Liebster Blog significa en alemán "blog favorito" e unha vez recibido o premio debemos continuar esta cadea: debemos elixir os nosos 5 blogs favoritos e enviarlles o premi o, por que se alguén te quere ben e te valora tes que seguir a cadea . As instrucións que debemos seguir son as seguintes: Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho outorgou. Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de 200 seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio. Confiar en que continúen a cadea premiando a súa vez os seus cinco blogs preferido. E os nosos escollidos son os seguintes: " E COLORÍN COLORADO " . blog da mestra Nuria, compañeira de infantil; blog no q...

FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA

Imagen
Do 14 ao 20 de maio estase a festexar o 13 FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA. E unha boa ocasión para pasar un día de familia xuntos no que disfruten os máis cativos cos títeres e os teatros. Se queredes ver o programa das diversas actividades que se ofertan, tanto na rúa como no multiusos da Xunqueira, premede na imaxen superior. Esperamos que o pasedes moi ben!

REFLEXIÓNS DA PROFE: O PORQUÉ DO NOSO BLOG

Imagen
O Blog,  os nosos blogs , foron creados con moito agarimo para tratar de achegar o día a día da escola ás familias e a toda a comunidade educativa, pero ideouse tamén coma unha  vía de comunicación entre todos . Queríamos, e seguimos querendo, un  blog interactivo . Queremos  unha escola aberta a todos , onde as vosas opinións, ideas, suxerencias, aportacións..., tamén teña cabida. Esta foi unha das razóns polas que as profes de Infantil decidiron poñerse "mans á obra". Sen moita información nin formación decidimos adentrarnos neste mundo dos blogs, novo para nós, e abriros un pouquiño máis as portas de cole. Pouco a pouco, coa  axuda e a ilusión  de todas, esta idea convertiuse nun proxecto, e este proxecto nunha realidade. Supón un  gran traballo  tratar de manter o blog ao día e tratar de interesar aos nosos cativos por estas novas tecnoloxías, pero dun xeito crítico. Supón un  esforzo  tamén tratar de  interesar ás familias ...

PIOLLOS NO COLE DE SAN ROQUE? NON, GRAZAS

Imagen
ÚLTIMA HORA!!! OS PIOLLOS DO COLE DE SAN ROQUE FAN A MALETA:                    ESTA É A NOTICIA QUE NOS GUSTARÍA ESCOITAR A  TOD@S .                             PARA CONSEGUIR QUE ESTOS INCÓMODOS BICHIÑOS NOS DEIXEN DE VISITAR, E NON VOLVAN NUNCA MAIS,  DECIDIMOS PEDIR A COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA .                  ESTA FIN DE SEMANA ADICAREMOS ESPECIAL ATENCIÓN A REVISAR AS CABEZAS  D@S   NOS@S   FILL@S .                 SE  TOD@S  NOS POÑEMOS DACORDO EN ELIMINALOS NA MESMA DATA SERÁ MÁIS DOADO ERRADICALOS.   ...

OS NOMES DAS NOSAS CLASES

Imagen