REFLEXIÓNS DA PROFE: O PORQUÉ DO NOSO BLOG


O Blog, os nosos blogs, foron creados con moito agarimo para tratar de achegar o día a día da escola ás familias e a toda a comunidade educativa, pero ideouse tamén coma unha vía de comunicación entre todos. Queríamos, e seguimos querendo, un blog interactivo.
Queremos unha escola aberta a todos, onde as vosas opinións, ideas, suxerencias, aportacións..., tamén teña cabida. Esta foi unha das razóns polas que as profes de Infantil decidiron poñerse "mans á obra". Sen moita información nin formación decidimos adentrarnos neste mundo dos blogs, novo para nós, e abriros un pouquiño máis as portas de cole.

Pouco a pouco, coa axuda e a ilusión de todas, esta idea convertiuse nun proxecto, e este proxecto nunha realidade. Supón un gran traballo tratar de manter o blog ao día e tratar de interesar aos nosos cativos por estas novas tecnoloxías, pero dun xeito crítico. Supón un esforzo tamén tratar de interesar ás familias por a colaboración na vida da aula. ¡A ESCOLA É DE TODOS! Non só dos nenos e das nenas e das profes. Entre todos podemos facer unha educación de calidade, participativa e máis acolledora.

Os nenos e nenas necesitan moita motivación para aprender cousas novas, e seguir aprendendo día a día, pero as profes tamén necesitamos motivación para seguir investigando, mellorando, innovando...
Gustaríamos que este blog fora unha canle de comunicación, nas dúas direccións: da escola ata casa, e de casa ata a escola.
¡ANIMÁDEVOS! ¡FAGAMOS TODOS XUNTOS UNHA EDUCACIÓN MELLOR!



Comentarios

Entradas populares de este blog

CHEGAMOS AO FINAL!

FOTIÑOS MANDALAS