FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS Como todos os anos, o 17 de maio, festéxase o Día Das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Valentín Paz Andrade, avogado, xornalista, poeta, home de empresa e vinculado á política. A personalidad emultifacética de Valentín Paz Andrade estivo marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia. Podedes acceder a máis información sobre este autor premendo na súa imaxe. Este ano, en educación infantil, tamén decidimos facer como él, e traballar por e para Galicia, así que adicamos un tempo especial na xornada de onte para plasmar a riqueza do noso idioma, escribindo nunhas nubes de cores, palabras en galego. Cada un d@s nen@s elixiu a súa palabra favorita, escribiuna e algúns tamén fixeron un debuxo. Despois, todas estas nubes de verbas, pasaron a adornar os nosos pasillos de educación infantil. A continuación podedes ver o resultado: No blogue da Biblioteca do Cole hai varias propostas para o día de hoxe, que podede...