XORNADA DE SACHO
O pasado martes 15 de maio celebramos a I Xornada de Sacho. Solicitamos axuda ás familias para preparar o noso xardín de cara á Festa da Primavera, onde un dos preparativos é plantar as flores no xardin.
Pero antes de poder plantar, é necesario preparar a terra, e para isto pedimos a colaboración, unha vez máis, das familias do cole.
Todas as profes de Infantil sentímonos moi agradecidas pola participación nesa xornada, pois a pesares do sol e da hora, que non era moi axeitada para o traballo "do campo", acudiron moitas "sachadoras" e algún "sachador".
Co voso permiso, os mostramos algunhas fotiños da Xornada, na que tamén participaron @s nen@s.
![]() |
![]() |
Moitas grazas unha vez máis!
Grazas a tod@s @s que puidechedes asistir. Isto si que é unha boa comunidade educativa.
ResponderEliminar