Benvid@s ao blogue de Educación Infantil do CEIP San Roque de Darbo.
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
-
Para rematar o ano na nosa escola celebrámolo "festival do inverno". Nesta ocasión @s nen@s de educación infantil cantamos dúas panxoliñas do grupo Mamá Cabra.
Con este blog queremos establecer unha canle de comunicación con vós, as familias, que nos permita presentarvos diversas propostas que poidades levar a cabo coas vosas fillas e fillos se así o considerades. Empregaremos a páxina principal para ir engadindo os retos semanais e aquelas propostas que nos parezan máis interesantes, co fin de que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas e adaptándoas ós ritmos e intereses de cada nena ou neno. A parte da columna da esquerda dedicarémola a enlaces de interese e recursos online que poden ser de utilidade para estes días, ademais de ir engadindo os blogs das distintas especialidades. Queremos recordar que o mais importante estes días é acompañar emocionalmente ós nenos e nenas, estar ó seu carón e deixalos xogar libremente, sen ter a preocupación de que "queden atrás" no colexio, pois todos estamos na mesma situación. Non pretendemos, polo tanto, que o alumnado faga ...
Bo día Roquiñ@s e familias! No mes de marzo comezamos a andaina co noso blog. Quen nos ía a dicir que a despedida, aquel 12 de marzo, duraría tanto tempo? Despois de 12 retos chegamos ó final deste curso, un final un tanto raro e especial. Xa que non podemos estar xuntiñ@s e darnos eses achuchóns que tanto desexamos, @s mestr@s quisemos acabar cun reto moi especial. Agradamos que desfrutedes con esta última proposta. Pasade un moi bo verán 🌞 🧡
Poñemos por aquí a solución ó xogo: 1. A vaca que puxo un ovo 2. Titiritesa 3. Cocorico 4. Chivos chivóns 5. Rosa caramelo 6. O coelliño branco 7. Con Tango son tres 8. Os tres porquiños 9 Corre corre cabaciña 10. Chocolata 11. Orellas de bolboreta 12. A máscara do león 13. A que sabe a lúa? 14. De que cor é un bico? 15. Até as princesas soltan peidos 16. Las jirafas no pueden bailar 17. A horta de Simón 18. A mellor sopa do mundo
Comentarios
Publicar un comentario