DÍA DAS LETRAS GALEGAS




Esta semana celebramos, o 17 de maio, o Día das Letras Galegas, e por iso, por aquí vos deixamos varias propostas:

Un xogo interactivo


Para entrar debedes clicar no enlace e dentro do mesmo no megáfono laranxa que aparece.

Caracteriza o teu libro

Dende o cole queremos propoñer unha actividade para todas e todos. 

A proposta sería amosar a portada dun libro en galego que nos guste moito, para que cada un de nós nos caractericemos ou reinterpretemos esa portada (soiñ@s ou acompañad@s pola nosa familia).

Podería ser disfrazándose (maquillaxe, vestimenta, fondo...) ou recreando plásticamente a portada (cun debuxo, collage, xoguetes, plastilina...) Deixade voar a vosa imaxinación!

Unha vez recreada a vosa portada, sacádelle unha foto e enviádea ó correo da vosa aula.

Aula dos gatos: aclasedosgatos@gmail.com
Aula dos canguros: oscangurins@gmail.com
Aula dos unisaurios: unisaurios@gmail.com   
Aula de Colegas no bosque: colegasnobosque@gmail.com
Aula das xoaniñas:asxoanas@gmail.com
Aula das xirafas: auladasxirafas@gmail.com



Tedes ata o 15 de maio.

Animádevos! 😉

Comentarios

Entradas populares de este blog

CHEGAMOS AO FINAL!

FOTIÑOS MANDALAS