Bo día Roquiñ@s e familias! No mes de marzo comezamos a andaina co noso blog. Quen nos ía a dicir que a despedida, aquel 12 de marzo, duraría tanto tempo? Despois de 12 retos chegamos ó final deste curso, un final un tanto raro e especial. Xa que non podemos estar xuntiñ@s e darnos eses achuchóns que tanto desexamos, @s mestr@s quisemos acabar cun reto moi especial. Agradamos que desfrutedes con esta última proposta. Pasade un moi bo verán 🌞 🧡
Con este blog queremos establecer unha canle de comunicación con vós, as familias, que nos permita presentarvos diversas propostas que poidades levar a cabo coas vosas fillas e fillos se así o considerades. Empregaremos a páxina principal para ir engadindo os retos semanais e aquelas propostas que nos parezan máis interesantes, co fin de que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas e adaptándoas ós ritmos e intereses de cada nena ou neno. A parte da columna da esquerda dedicarémola a enlaces de interese e recursos online que poden ser de utilidade para estes días, ademais de ir engadindo os blogs das distintas especialidades. Queremos recordar que o mais importante estes días é acompañar emocionalmente ós nenos e nenas, estar ó seu carón e deixalos xogar libremente, sen ter a preocupación de que "queden atrás" no colexio, pois todos estamos na mesma situación. Non pretendemos, polo tanto, que o alumnado faga ...
Qué chulo! Qué ilusión ver os traballos dos compañeiros
ResponderEliminarPreciosos todos!! Vale la pena. Disfrutamos al máximo.
ResponderEliminarGUSTOUNOS MOITO ESTA PROPOSTA!!!. GRAZAS POR ESTE TRABALLO E POR COMPATIR TANTO!!.
ResponderEliminarRETO SUPERADO!!! VAI ORIXINALIDADE!
ResponderEliminarBIQUIÑOS NEN@S
Encántanme todas as vosas obras de arte, sodes uns xenios/as!!
ResponderEliminarUn bico enorme para todos/as. Vémonos no seguinte reto!!