Con este blog queremos establecer unha canle de comunicación con vós, as familias, que nos permita presentarvos diversas propostas que poidades levar a cabo coas vosas fillas e fillos se así o considerades. Empregaremos a páxina principal para ir engadindo os retos semanais e aquelas propostas que nos parezan máis interesantes, co fin de que poidades incluír algunhas delas cada día sen presión, sen necesidade de facelas todas e adaptándoas ós ritmos e intereses de cada nena ou neno. A parte da columna da esquerda dedicarémola a enlaces de interese e recursos online que poden ser de utilidade para estes días, ademais de ir engadindo os blogs das distintas especialidades. Queremos recordar que o mais importante estes días é acompañar emocionalmente ós nenos e nenas, estar ó seu carón e deixalos xogar libremente, sen ter a preocupación de que "queden atrás" no colexio, pois todos estamos na mesma situación. Non pretendemos, polo tanto, que o alumnado faga
Comentarios
Publicar un comentario