miércoles, 30 de marzo de 2011

CONVÍRTETE NUN SUPERHEROE DO RECICLAXE

CADA UN DE NÓS XERAMOS DIARIAMENTE UNHA MEDIA DE 1,2 KG DE LIXO. SE ESTA CIFRA A MULTIPLICAMOS POR TODOS OS HABITANTES GALEGOS, APROXIMADAMENTE 2.796.000, ATOPAMOS CON QUE NA NOSA COMUNIDADE PRODUCIMOS 3.355.200 KG DE LIXO AO DÍA, O QUE É O MESMO 1.224.648.000 KG AO FINALIZAR O ANO!!!
UNHA CIFRA ESCALOFRIANTE QUE DEBEMOS REDUCIR CON PRÁCTICAS DE CONSUMO RESPONSABLE, É DICIR, ADQUIRINDO PRODUTOS PERECEDOIROS EN FUNCIÓN DA SÚA DATA DE CADUCIDADE, E PRIORIZANDO OS DE TAMAÑO FAMILIAR E AQUELES QUE VEÑAN O MENOS ENVASADOS E EMBALADOS POSIBLE, E OPTANDO AO MESMO TEMPO POR ARTIGOS DE INTERCAMBIO OU REUTILIZABLES.

PERO UNHA VER CONVERTIDOS EN RESIDUOS, FAISE NECESARIO LEVAR A CABO UNHA AXEITADA SEPARACIÓN DOS MESMOS, DEPOSITANDO CADA FRACCIÓN NO COLECTOR CORRESPONDENTE. CON ESTE SINXELO XESTO FACILITAREMOS O SEU POSTERIOR RECICLADO E TRANSFORMACIÓN EN NOVAS MATERIAS PRIMAS, OBTENDO NOVOS PRODUCTOS QUE ENTRARÁN LOGO NA CADEA COMERCIAL CUNHA NOVA VIDA.

PARA QUE ISTE SEXA POSIBLE, A NOSA COLABORACIÓN RESULTA ESENCIAL. SEN ELA, A RECICLAXE E, POLO TANTO, OS SEUS BENEFICIOS AMBIENTAIS E ECONÓMICOS, NON RESULTA VIABLE.

CÓMO DEBEMOS COMPORTARNOS ENTÓN?
MOI SINXELO, TOMA NOTA NAS PRÓXIMAS ENTREGAS SOBRE O RECICLAXE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario