lunes, 24 de enero de 2011

A HORTA DO COELLIÑO BRANCO

O VENRES PASADO COMENZAMOS OS TRABALLOS NA HORTA DO COELLIÑO BRANCO .

APROVEITAMOS A HORA DO RECREO PARA COMEZAR OS TRABALLOS. TODOS OS NENOS E NENAS QUE QUISERON AXUDARON NAS TAREFAS DE LIMPAR DE HERBAS, CABAR, COMPOSTAR E ABONAR .

PARA ABONAR UTILIZAMOS DOUS SACOS DE CACA DE COELLO, BRANCO POR CERTO,  E CON TANTO TRABALLO DESCUBRIMOS QUE...

  •  OS TRABALLOS FÍSICOS FANNOS SUDAR
  • AS "MALAS HERBAS" AINDA QUE SE CHAMEN ASÍ SON MOI BONITAS E ALGUNHAS DEUNOS PENA QUITALAS.
  • O ABONO DE COELLO CHEIRA FATAL PERO É MOI BO PARA QUE MEDREN OS PRODUCTOS DA HORTA.
  • TEMOS QUE COMPARTIR AS FERRAMENTAS E UTILIZALAS CON COIDADIÑO PARA NON MANCARNOS.
  • NA NOSA HORTA VIVEN ANIMAIS, (VERMES , CARACOIS...) QUE PROCURAMOS RESPETAR,ESTÁN NA SÚA CASA!!!
  • DESPOIS DE TRABALLAR COA TERRA COMPRE LAVAR AS MANS.
  • AS HERBAS QUE NON IMOS APROVEITAR NON HAI QUE BOTALAS AO LIXO, É MELLOR COMPOSTALAS PARA FACER UN BO ABONO QUE UTILIZAREMOS MAIS ADIANTE.
  • TOCANDO A TERRA E TRABALLANDO COS AMIGOS E AMIGAS PASÁMOLO ESTUPENDAMENTE E QUEDAMOS RELAXADIÑOS.
ESTE ANO IMOS PRANTAR ALLOS, PORROS, CEBOLAS, AMORODOS, HERBILLAS E PATACAS...

VOS MANTEREMOS AO DÍA DOS NOSOS PROGRESOS...
UN SAUDIÑO DO EQUIPO DE INFANTIL

DISFRUTADE DAS FOTOS!!!!





2 comentarios:

  1. Felicidades polo voso traballo, agora polos camiños poñedes: folla de piñeiro, ou serrín, ..., para pisar enriba del e que non veñan herbas adventicias que asombren a nosa horta e lle quiten nutrintes.
    Aquí vai un enlace para ver que hortalizas xuntar para que se leven ben.
    http://www.fundaciongaliciaverde.org/castellano/agricultura/Casociaciones_plantas.php
    A vosa admiradora, Lourdes.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Lourdes polos teus bos consellos e polo enlace; Daremos boa conta deles.A ver se conseguimos facer unha horta ecolóxica.

    Xa nos parecía que aquelas herbas tan bonitiñas que arrancabamos non podían chamarse "malas herbas", adventicias soa moito mellor.

    Da gusto ter admiradoras así,
    Unha aperta,
    Pilar

    ResponderEliminar