jueves, 6 de marzo de 2014

ENTROIDO. COMPARSA "ÍMOSTE CURAR"

Estes días foron uns días moi tolos na nosa escola. Os/as nenos/as viñan á escola en pixama, con gorros, disfrazados,... 
Que lles pasa?
 Pois que é tempo de Entroido.
Pasámolo moi ben na festa que fixemos o xoves, cadaquén co disfraz que trouxo da súa casa, e despois unha grande merendola cos postres que fixeron os/as nenos/as coas súas familias. 
Ricos, ricos,...!!!
Houbo discoteca e todo...

Se queredes ver o ben que o pasamos mirade a presentación na que tamén se inclúen as fotos e videos do desfile das enfermeiras e enfermeiros.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow generated with Smilebox

Este Entroido foi posible grazas a colaboración das familias nos talleres de disfraces dos martes e aos fantásticos postres que trouxeron para a merendola. 

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario