martes, 3 de diciembre de 2013

SENTINDO A NATUREZA

O noso patio do recreo, coa horta do Coelliño Branco, o xardín, o estanque e a compostadora, ofrécenos un marabilloso contexto para transmitir aos nos@s nen@s a paixón pola natureza.
Cada recuncho, se sabes mirar, agocha fascinantes sorpresas que nos enchen de satisfacción personal. A maioría das veces son pequenos detalles: un caracol deixando un rastro brillante ao seu paso, un grilo, extraños vermes, un tenro brote, unha nova flor, unha planta que medra tras unha longa espera, unha tea de araña nun recuncho, unha zarzamora sen espiñas, cogomelos ao pé da árbora seca...
Aínda que son moitos os obxectivos e contidos que traballamos: iniciación nas habilidades motrices, achegarse ao mundo dos números, estimular a creatividade e a través da linguaxe artística..., a nosa maior ilusión é transmitir aos peqienos o goce pola natureza, o pracer de coidar a horta, o xardín, fabricar o propio compst, plantar, sementar, meter as mans na terra, ulir, SENTIR...
Ás veces son actividades programadas e dirixidas nas que cada titore acode cos seus peques a realizar unha actividade e a maioría das veces aproveitamos os tempos de lecer no patio para sachar, regar, facer pequenas podas, transplantar... como algo cotía ao que achegarse a botar unha man cando o interese e o ritmo d@s nen@s o marque.

No hay comentarios:

Publicar un comentario