lunes, 2 de diciembre de 2013

CELEBRANDO O MAGOSTO

O pasado mes de novembro celebramos o tradicional MAGOSTO. Antes preparamos nas clases uns bolsiños para que a castañeira nos botara as castañas e poder comelas máis cómodamente (para ter as dúas mans para poder pelalas).
Despois de comer as riquísimas castañas asadas, disfrutamos duns xogos tradicionais, aínda que algo adaptados á ocasión:
  • A mariquitiña, pero en vez de tirar un pau ou unha pedra, tiramos unha castaña.
  • Os zancos.
  • O xogo da , pero tiramos castañas en vez de pelotas, e para que fora máis sinxelo encestábamos nunha caixa.
  • Vaso-castaña: xogamos a encestar nun vaso unha castaña que estaba enganchada por unha corda.
  • Circuito-castaña: pero en vez de seguir o circuito coas chapas o facíamos con castañas.
  • Baile-castaña: tiñamos que bailar ao ritmo da música cunha castaña na testa sen que se nos caera.
Como podedes ver, a diversión estivo asegurada, e se queredes ver algunhas fotos da festa podedes premer na seguinte presentación:
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free picture slideshow

Desde o Equipo de Educación Infantil queremos agradecer a colaboración das familias na preparación do noso Magosto,

1 comentario:

  1. Da gusto ver as cariñas dos nenos cos seus bolsiños de castañas e o ben que o pasaron. Esta castañeira trouxolles unhas castañas estupendas!!!

    ResponderEliminar