miércoles, 4 de diciembre de 2013

A HORTA DO COELLIÑO BRANCO

Para as novas familias, contarvos que no patio de Educación Infantil temos unha pequena horta: a horta do coelliño branco.
Cada ano plantamos nela diversas legumbres, hortalizas... dependendo da época do ano en que o fagamos.
Este ano queremos sacarlle aínda máis partido a esta marabillosa horta ecolóxica, e xa comenzamos co proceso plantando uns exquisitos repolos:
Pero estos repolos están tan exquisitos que todos os bichos que temos no patio os queren papar, así que tivemos que pensar un remedio ecolóxico para que estes repoliños poidan medrar sans e fortes.
Cail foi este remedio natural? Grazas a profe Pilar descubrimos o purín de estrugas, e nos explicou cómo poder facelo para coidar dos nosos repoliños:
Precisamos: estrugas, uns guantes (para non picarnos), un cubo grande con tapa, unhas tesoiras, un pau e auga.
O proceso: Hai que picar as follas das estrugas e botalas no cubo cheo de auga (uns 10 litros); hai que ter moito coidado de só cortar as follas e non os tallos nin que vaian sementes. Remexemos ben esta mestura e tapamos, porque cheira un pouco mal. Todos os días durante unha semana aproximadamente hai que destapar e remexer. E xa está listo o noso remedio natural!! 
Desde agora regaremos os repoliños con este purín, mezclado con auga (un litro de purín por 10 litros de auga aproximadamente), e xa vos ensinaremos o ben que medran!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario