martes, 12 de junio de 2012

IX LUDOTECA DEPORTIVA VERÁN 2012


A Ludoteca Deportiva de Verán abarcará dende o luns 2 de xullo ata o venres 31 de agosto, deste ano 2012.
Os Centros Escolares onde se impartirán estas actividades son: Nazaret, San Roque, Hío e Espiñeira (Aldán).
A actividade está dirixida a nenos/as que estivesen cursando educación infantil ou primaria.
Os grupos e horarios serán establecidos polos monitores e técnicos da Fundación Cangas Deporte.
As inscricións realizaranse na Fundación Cangas Deporte, sita na Rúa Real 29 (Casa da Xuventude), de luns a venres en horario de 9:00/14:00h - 17:00/19:30h. O prazo de recollida rematará o venres 22 de xuño ás 14:00h.
A cuantía total da actividade, polos dous meses, será de 50 euros, a aboar no momento da inscrición.
Os horarios e grupos definitivos exporanse a partir do mércores 27 de xuño nos taboleiros habilitados na Casa da Xuventude de Cangas (9:oo/14:00h) e na páxina web http://www.cangasdeporte.com/.
Para unha información máis detallada: 986 392 166 (Fundación Cangas Deporte).
PRAZAS LIMITADAS (en función do orde de inscrición).

No hay comentarios:

Publicar un comentario