miércoles, 6 de junio de 2012

EXCURSIÓN AO ZOO

Onte, as clases "B" por fin puidemos ir ao zoo, a pesares de que despois de moito cambiar as fechas non tivemos sorte co tempo, pois choveu durante case toda a visita.
O primeiro que fixemos ao chegar ó zoo, foi tomar a merenda. Despois, como empezou a chove, entramos no reptario, a ver distintos reptís: serpes, camaleóns, tartarugas, ratiños de laboratorio, etc. E unha vez vistos todos estos animais, decidimos aventurarnos a sair para fóra a ver aos outros animais. O malo é que empezou a chover. Así que moi a presa vimos os osos, os leóns, os monos, etc. E volvimos correndo cara o edificio do zoo para ver (e tocar) mudas de pel de serpe, ovos de avestruz e ñandú, pegadas de osos e outros animais, moitos ósos e cornos.
E tamén puidemos entrar no planetario co que conta o zoo. Unha experiencia magnífica, pois montamos nunha nave espacial e viaxamos ata o Planeta Catro. Alí vimos, ademáis dunhas vacas, cometas e uns amigos que voaban en avioneta e en globo, o sol, as nubes, unha tormenta, o arco da vella... E de súpeto fíxose noite, e puidemos ver a lúa e as estrelas, un satélite, estrelas fugaces e algunhas constelacións.
A continuación podedes ver algunhas fotos e un par de videos sobre a nosa viaxe espacial. Esperamos que disfrutedes tanto coma nós.
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox



No hay comentarios:

Publicar un comentario